MiiC: Mostra Internacional Ilustración Comtemporánea

Comisariada por Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico), MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

A mostra resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que admite un amplo abanico de técnicas e soportes e que, ademais, está sempre en constante evolución, o que provoca que se adapte facilmente ás novas tecnoloxías.

A través da MiiC achegarémonos ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.

Artistas e proxectos que participan:

Alberto Vázquez / Arnal Ballester / Carlos Arrojo / Cinta Arribas / Cristóbal Fortúnez / David Sierra / Eme / Gary Baseman / Guía Ninja do Ilustrador (AGPI) /  Ilustradores a la mesa / IlustraDots / Jano / José Ja Ja Ja / Los Bravú / Marina Capdevila / Martin Jarrie / Martín López Lam / Nobrow / Pepe Medina / Sara Pazos / Sergio Mora.


INAUGURACIÓN: martes 21 de marzo ás 20:00h // Entrada libre

LUGAR: Sala Isaac Díaz Pardo // Auditorio de Galicia. Avda. Burgo das Nacións s/n 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s