2ª Edición da MiiC!

O uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino, son os tres conceptos xerais sobre os que gravita esta segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, MiiC, coa que volvemos achegar a Santiago de Compostela o que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. Comisariada por Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico).

Cartel-A3-MiiC2-copia.gif

A ilustración é unha das ramas da comunicación máis creativas e imaxinativas que existen; un elemento que admite un amplo abano de técnicas e que está sempre en constante evolución. Actualmente, podemos afirmar que a ilustración está a vivir un momento de esplendor, no que o traballo dos e das ilustradoras está a ser recoñecido tanto a nivel profesional como artístico, cuns estilos facilmente identificables por un público cada vez máis afeito a ver ilustración no seu día a día. A moda, as institucións, os medios de comunicación ou as grandes marcas, son algúns dos sectores que fan uso dela como elemento de publicidade e de deseño, o que pon de manifesto a súa gran versatilidade á hora de axeitarse a diferentes soportes e tecnoloxías.

A mostra quere poñer o seu foco de atención no ámbito da creación máis artística e persoal, resaltando o alto grao de creatividade dos creadores e creadoras que, ademais do tradicional debuxo, tamén experimentan con diferentes técnicas como o collage, o óleo, a serigrafía, a risografía, a cerámica ou a animación; incluso conciben pezas tanxibles, tridimensionais, que teñen como xerme a  ilustración, e coas que conseguen darlle un volume ao representado. Tamén no ámbito da edición destaca a produción de libros, creando auténticas pezas de arte nas que xogan coas posibilidades e formatos do papel. Estes traballos creativos son os que integran a MiiC, que se configura, nesta segunda edición, como unha escolma ilustrada que ten no uso da cor o seu fío condutor, encadrada dentro dun claro protagonismo do feminismo, honrando o labor das ilustradoras e salientando a representación do mundo que nos rodea a través dunha crítica á sociedade actual que subxace, de maneira máis ou menos evidente, dentro do imaxinario colectivo da exposición.

Podedes ver a exposición na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) en horario de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00. Abre tódolos días!

Agardamos que vos guste!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s