Dende o 2 ao 6 de setembro levaremos a cabo unha serie de obradoiros creativos para a mocidade de O Ribeiro, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia.

A iniciativa ten como fin incentivar a creatividade da xente nova como ferramenta de emprendemento e desenvolvemento cultural, achegándoos, ao mesmo tempo, ao patrimonio histórico local.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Mesa redonda: Emprendedoras, a creatividade como primeira opción.
|2 de setembro ás 20:00h|
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com. Casa da Xuventude de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo nº9, Ribadavia)
- Interveñen: AeB Comunicación, Iria Fafián, Rocío de Estudioarte e Doa Oa.
- Cada relatora falará da súa experiencia persoal e laboral como emprendedora e, no caso das relatoras locais, tamén se fará fincapé en porqué decidiron apostar pola comarca para desenvolver o seu traballo profesional.
Obradoiro de decorado escenográfico con Iria Fafián
|Do 3 ao 6 de setembro|
A partir de 14 anos | 10 plazas | Estudioarte (Oliveira, 2 Entlo. – 32400 – Ribadavia) | de 10:00h a 14:00h
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com
A proposta ten como finalidade a experimentación con elementos tridimensionais para a creación dunha escenografía pensada para decorar un escenario musical ou teatral. Para iso basearémonos no imaxinario da artista Iria Fafán, en concreto nas pezas ‘Growing up’, unhas caixas de luz creadas en 2017. O interesante destas pezas son os xogos de luz e sombras creados polas dierentes texturas do papel nos distintos planos de profundidade.
O espazo final de intervención será o Auditorio do Castelo, tendo en conta a distribución dos elementos no espazo e a forma na que estes interactúan entre sí e cos músicos/actores en escea, xerando sensación de profundidade e xogando coas luces e a proxección das sombras.
Obradoiro de intervención artística como mellora dos espazos públicos (muralismo) con Doa Oa.
|Do 3 ao 6 de setembro|
A partir de 14 anos | 10 plazas | Rúa Porta Nova de Arriba, 28, 32400 Ribadavia | de 18:00h a 20:00h
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com
O obradoiro vai consistir nunha intervención mural dun dos muros do casco histórico de Ribadavia. A proposta ten como finalidade coñecer o proceso de creación do muralismo, tendo en conta tamén a finalidade ou o motivo polo que se fai. Neste caso será a filosofia sostible e de reforestación ecolóxica que plantea a artista Doa Oa a través do seu traballo, invadindo espazos urbanos e rurais con especies vexetais autóctonas e silvestres que corren perigro de ser erradicadas. Ademais, tamén coñeceremos de primeira man as diferencias entre as pinturas a usar e que procesos son máis ecolóxicos á hora de intervir un espazo público.