Así foi ProxectArte

Aquí vos deixamos o vídeo resumo do que aconteceu na semana do 2 ao 6 de setembro en Ribadavia (Ourense) onde tivemos o prazer de organizar e coordinar a iniciativa ProxectArte xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Ribadavia).

Comezamos a semana coa mesa redonda de Emprendedoras Creativas onde mulleres talentosas de Ribadavia e tamén de fóra explicáronlle aos máis novos as ventaxas de apostar pola creatividade como saída profesional e tamén a importancia de apostar polo local e rural.

O resto da semana traballamos codo con codo coa artista Iria fafián para levar a cabo o orixinal obradoiro de Arte na Escenografía onde os mozos e mozas que se apuntaron tiveron a oportunidade de participar de todo o proceso conceptual e de produción dunha escenografía pensada para un auditorio. O resultado foi marabilloso!!

Só nos queda a mágoa de non ter feito o segundo obradoiro programado coa artista Doa Oa, coa que íamos a realizar un mural no barrio Xudeo de Ribadavia e para o que finalmente non nos deron permiso. Cando a natureza autóctona e a ecoloxía son consideradas temáticas non aptas para un mural público é que algo faia no sistema….sen dúbida para reflexionar.

Aínda así, estamos moi contentos do resultado do proxecto e foi realmente unha semana incrible! Moitísimas grazas a toda a mocidade que se animou a participar da iniciativa, e por suposto ás creadoras Iria Fafián, Rocío de Estudio Arte e Ainhoa e Branca de AB Comunicación, que ademáis son as responsables deste vídeo tan bonito.

Por suposto agradecer á Omix Ribadavia pola oportunidade. Gran traballo!