Xa temos lista a app da MiiC3! Unha guía interactiva que axuda a completar o percorrido en sala, con toda a información sobre os artistas, contido multimedia extra e enlaces ás webs dos e das ilustradoras. Ademáis, incorpora unha visita virtual 360 da exposición e toda a información básica de horarios, cómo chegar, etc.
Con esta app buscamos, por un lado, que completedes a experiencia da visita na propia sala; e por outro, achegar a exposición a todos aqueles que aínda non podedes acceder a Santiago de Compostela para poder vela.
Creada pola empresa galega Kappowsky S.L, a app conta cun exclusivo sistema de xeolocalización de interiores que cubre toda a área expositiva da Sede Afundación Santiago e que se activa co movemento do visitante, amosando a información das obras máis próximas a el. Tamén indica as rutas máis cortas dende o lugar onde está situado o visitante ata distintos puntos da sede (saída de emerxencia, ascensores, etc)
A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOs e a descarga é completamente de balde. Unha vez instalada non precisa de internet ou datos para utilizala (offline). A aplicación tamén funciona como catálogo online, xa que permite coñecer e acceder aos contidos da exposición dende calquera sitio e lugar do mundo dunha maneira inmediata e intuitiva.
Os contidos da aplicación están dispoñibles en 3 idiomas: galego, castelán e inglés.
- Enlaces de descarga: