O 16 de xaneiro tivo lugar, no marco das actividades que forman parte da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, a actividade FELiiC, Feira de Edición e Libro Ilustrado. Por mor da pandemia este ano o formato foi completamente virtual e sen público, retransmitindo en directo dende a planta 2 da mostra.
Este foi o programa:
>> Sesión de mañá, ás 12:30h: charla cos últimos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada que outorga anualmente a Deputación da Coruña. Participaron: Alberto Vázquez por «A Caza», Martín Romero por «Uxío», Begoña García Alén por «Adeus Amigos» e Andrés Magán por «As Aventuras de Passer P. Malta». Moderou a charla Xurxo Couto, Deputado de Cultura.
>> Sesión de tarde, ás 18:00h: conversa con Coco Escribano, autora do libro «Mujeres Poderosas» e ilustradora seleccionada pola editorial Monsa para formar parte do libro Women’S Club, Art is Powerful. Conduciu a entrevista a comunicadora experta en banda deseñada Neves Rodríguez.
Organiza a actividade a Deputación da Coruña en colaboración con Afundación. Obra Social ABANCA.
A III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea pódese ver na Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 19) en horario de luns a venres de 17h a 21h e os sábados de 12:00h a 14h e de 17h a 21h. De balde.