Encontros Open MiiC

Presentamos os encontros Open MiiC, que este ano debido á situación de pandemia, leváronse a cabo sen público. O resultado foi unha serie de pezas audiovisuais onde oito das creadoras e creadores que forman parte do proxecto «Cromática. III Mostra de Ilustración contemporánea» #MiiC3, falan das pezas que expoñen, do concepto que hai detrás delas e as técnicas que utilizaron e porqué.

Deixámosvos aquí un vídeo no que recollemos os oito vídeos resultantes e onde aparecen, por esta orde: Abi Castillo, Tina Siuda, Alberto Vázquez, Tayone, Coco Escribano, Oscar Raña, Iris Branco e Agustina Shuan.

Os vídeos foron difundidos na última semana de xaneiro para conmemorar o Día da Ilustración, que se celebra cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao co obxectivo de poñer en valor o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.

A III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea – CROMÁTICA – pode verse ata o 27 de febreiro na Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 19).