MiiC na Rúa 2022

MiiC na Rúa é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago de Compostela dentro do marco de IMAXINARIA, IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que ten lugar na Sede Afundación, sita no número 19 da rúa do Vilar. 

​Berto Fojo, Natalia Umpiérrez, Perrilla e Twee Muizen, son os artistas escollidos para intervir artisticamente catro escaparates da devandita rúa. Establecementos como a emblemática Sombrerería Iglesias ou a Mercería Algui son algúns dos locais que forman parte do proxecto. Completan o percorrido a Librería San Pablo e o escaparate de Asthor Decoración.

​MiiC na Rúa persigue dinamizar o espazo público que rodea a mostra, concretamente as rúas que a circunda, buscando que estas se identifiquen como unha extensión natural da propia exposición, acercando a ilustración ao día a día do casco histórico de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que se pon o foco na importancia dos comercios locais como dinamizadores económicos e culturais.

MiiC na Rúa tamén conta coa colaboración de Afundación. Obra Social ABANCA.

​As intervencións poderanse ver ata o vindeiro 19 de decembro.