OGC

O Gato Cósmico foi un proxecto que xurdiu en abril de 2011 co formato de tenda-galería en Santiago de Compostela. Un espazo no que se organizaron diferentes exposicións temporais e onde se podían mercar as creacións de artistas galegos, nacionais e internacionais, facendo fincapé, sobre todo, na ilustración contemporánea, o deseño de produto, a arte urbana e o D.I.Y (do it yourself).

Pasados dous anos, en abril de 2013, a súa directora e creadora, Matilde Rodríguez, decide deixar atrás o espazo físico da galería para mudar ao mundo da xestión cultural e o comisariado de exposicións, comezando unha nova etapa centrada na creación e organización de proxectos para diferentes institucións públicas e privadas de Galicia, sempre poñendo o foco na ilustración contemporánea. (Ver PROXECTOS)

Matilde Rodríguez (Beade, 1982) está licenciada en Historia da Arte (USC), na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea, e ten un Máster en Xestión Cultural (UIC). O Gato Cósmico segue sendo a súa marca cultural, reconvertido agora no blogue onde comparte todas as novas relacionadas cos seus proxectos culturais.

Contacto: info@ogatocosmico.com


Abril 2011 – Abril 2013