Presentamos os encontros Open MiiC, que este ano debido á situación de pandemia, leváronse a cabo sen público. O resultado foi unha serie de pezas audiovisuais onde oito das creadoras e creadores que forman parte do proxecto «Cromática. III Mostra de Ilustración contemporánea» #MiiC3, falan das pezas que expoñen, do concepto que hai detrás delas e as técnicas que utilizaron e porqué.
Deixámosvos aquí un vídeo no que recollemos os oito vídeos resultantes e onde aparecen, por esta orde: Abi Castillo, Tina Siuda, Alberto Vázquez, Tayone, Coco Escribano, Oscar Raña, Iris Branco e Agustina Shuan.
Os vídeos foron difundidos na última semana de xaneiro para conmemorar o Día da Ilustración, que se celebra cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao co obxectivo de poñer en valor o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.
A III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea – CROMÁTICA – pode verse ata o 27 de febreiro na Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 19).
O 16 de xaneiro tivo lugar, no marco das actividades que forman parte da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, a actividade FELiiC, Feira de Edición e Libro Ilustrado. Por mor da pandemia este ano o formato foi completamente virtual e sen público, retransmitindo en directo dende a planta 2 da mostra.
Este foi o programa:
>> Sesión de mañá, ás 12:30h: charla cos últimos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada que outorga anualmente a Deputación da Coruña. Participaron: Alberto Vázquez por «A Caza», Martín Romero por «Uxío», Begoña García Alén por «Adeus Amigos» e Andrés Magán por «As Aventuras de Passer P. Malta». Moderou a charla Xurxo Couto, Deputado de Cultura.
>> Sesión de tarde, ás 18:00h: conversa con Coco Escribano, autora do libro «Mujeres Poderosas» e ilustradora seleccionada pola editorial Monsa para formar parte do libro Women’S Club, Art is Powerful. Conduciu a entrevista a comunicadora experta en banda deseñada Neves Rodríguez.
Organiza a actividade a Deputación da Coruña en colaboración con Afundación. Obra Social ABANCA.
A III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea pódese ver na Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 19) en horario de luns a venres de 17h a 21h e os sábados de 12:00h a 14h e de 17h a 21h. De balde.
MiiC na Rúa é unha actividade que se celebra na popular Rúa do Vilar de Compostela ata o 21 de decembro, impulsada polo Concello de Santiago de Compostela dentro do marco da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, MiiC3, que se pode visitar na Sede Afundación da rúa do Vilar ata o 13 de febreiro.
Participan as artistas galegas Abi Castillo e Iris Branco; os galegos Hector Pichel, Tayone, e Oscar Raña; e a arxentina afincada en Galicia, Agustina Shuan. As intervencións serán de carácter simultáneo e terán lugar este sábado en horario de 16h a 21h. Os establecementos que participan da iniciativa son: Espadela, Vestopazzo, Morgana, Astor Decoración, Librería San Pablo e a Sombreirería Iglesias. Todos situados na rúa do Vilar, configurando así unha ruta que se vai poder consultar a través dun código QR en todos os escaparates. As intervencións estarán visibles por un mes, ata o 21 de decembro.
Á hora de seleccionar aos artistas e os escaparates a intervir tívose en conta tanto os estilos dos propios artistas como o espírutu ou esencia de cada establecemento. Así por un lado temos as combinacións máis abstractas e xeométricas, e tamén as máis coloridas, de Tayone ou Oscar Raña, ou as de tipo máis figurativo, dentro da ilustración máis tradicional, como de Abi Castillo, Hector Pichel ou Agustina Shuan, que apostan ademais polo branco como cor principal das súas composicións. E por último, a inclusión de técnicas máis orixinais como o tapeart, que vai utilizar Iris Branco, e que consiste na utilización de diferentes cintas adhesivas de cores para realizar a composición. Diferentes estilos e diferentes maneiras de compoñer que recollen a esencia da propia mostra, que busca sempre resaltar a ilustración como un dos medios de expresión máis creativos e orixinais que existen.
Con MiiC na Rúa buscamos que a rúa do Vilar se configure como unha extensión da propia exposición, que a mostra saia á rúa e participe dela, achegando a ilustración ao espazo público inmediato que a rodea, e poñendo o foco especialmente no comercio local, tendo en conta a situación tan difícil pola que están a pasar.
MiiC na Rúa tamén conta coa colaboración de Afundación. Obra Social ABANCA e Xunta de Galicia.
Xa temos lista a app da MiiC3! Unha guía interactiva que axuda a completar o percorrido en sala, con toda a información sobre os artistas, contido multimedia extra e enlaces ás webs dos e das ilustradoras. Ademáis, incorpora unha visita virtual 360 da exposición e toda a información básica de horarios, cómo chegar, etc.
Con esta app buscamos, por un lado, que completedes a experiencia da visita na propia sala; e por outro, achegar a exposición a todos aqueles que aínda non podedes acceder a Santiago de Compostela para poder vela.
Creada pola empresa galega Kappowsky S.L, a app conta cun exclusivo sistema de xeolocalización de interiores que cubre toda a área expositiva da Sede Afundación Santiago e que se activa co movemento do visitante, amosando a información das obras máis próximas a el. Tamén indica as rutas máis cortas dende o lugar onde está situado o visitante ata distintos puntos da sede (saída de emerxencia, ascensores, etc)
A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOs e a descarga é completamente de balde. Unha vez instalada non precisa de internet ou datos para utilizala (offline). A aplicación tamén funciona como catálogo online, xa que permite coñecer e acceder aos contidos da exposición dende calquera sitio e lugar do mundo dunha maneira inmediata e intuitiva.
Os contidos da aplicación están dispoñibles en 3 idiomas: galego, castelán e inglés.
Despois de moito esperar, debido á pandemia, hoxe por fin podemos anunciar que o 10 de novembro inauguramos a exposición ILUSTRAD/AS, en Nova York. Unha exposición itinerante que xurde a raíz da segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, #MiiC2, e que temos o pracer de comisariar para o Instituto Cervantes.
A exposición poderase ver no Instituto Cervantes de Nova York dende o 10 de novembro ata o 19 de febreiro de 2021 (actualización: a exposición foi ampliada ata o 31 de marzode 2021), e a partir de aí comezará a súa andaina por diferentes sedes da institución ao redor do mundo.
ILUSTRAD/AS son: Bea Lema, Helena Pérez García, Iria do Castelo, Iria Fafián, Lara Lars, Luísa Rivera, Malota, María Hesse, Nuria Figueiredo, Pelo di Cane, Sara Landeta e Sonia Pulido.
«Nada nuevo hay bajo el sol, y, sin embargo, nueva es cada mirada nuestra sobre las cosas. Nueva es también la atención que se ha prestado en los últimos años a aspectos de la creación que solían estar subordinados a otros más prestigiosos. La ilustración es uno de ellos; un género emancipado, que ha cobrado importancia propia y relevancia singular en el ámbito de la creación contemporánea. Matilde Rodríguez, comisaria de esta exposición, nos acerca a doce planetas creativos que crean un universo interconectado, como lo está la obra de cada una de estas doce mujeres. Cada una con su propia personalidad, todas habitantes de esa malla de la que habla el ecocrítico Timothy Morton. Una malla que recorren tomando apuntes del natural, aprendiendo de la artesanía más tradicional (del dibujo a la cerámica) e indagando sobre los más oscuros aspectos de la identidad, recurriendo a libros clásicos o a la memoria cultural de las generaciones, para entender el mundo de una forma nueva, creando un folclore íntimo que canta las luces del alma y las oscuridades del corazón. El pensamiento, como nos reveló Rudolf Arnheim, no trabaja sólo con palabras, como ha pretendido una larga tradición filosófica. Lo hace también, y sobre todo, con imágenes que luego podemos traducir o no a nuestro lenguaje. En la obra de las artistas incluidas en esta exposición asistimos al complejo proceso de transformar flashes de sueños, intuiciones y pensamientos en una imagen coherente del mundo, en una realidad transformada y transitable, pensada para hacer más habitable la de afuera, que siempre acecha y acoge». Luis García Montero. Director do Instituto Cervantes
Toda a información sobre a exposición (horarios, dirección, etc): aquí
Despois de todos estes meses de parón, volvemos a actividade por todo lo alto! Dende o pasado 22 de outubro xa podedes visitar a III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, ou #MiiC3, na Sede Afundación de Santiago de Compostela.
A cor como elemento primordial de expresión artística é o motivo sobre o que gravita esta nova edición, que nos achega, un ano máis, ao que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. Unha mostra que, por vez primeira, ven definida por un adxectivo que funciona á súa vez como nome propio, CROMÁTICA, e co que marcamos o punto de partida para adentrarnos nun percorrido visual onde a cor é fragmentada en múltiples significados atendendo a conceptos culturais, estéticos ou emocionais.
CROMÁTICA é unha reflexion sobre a importancia que ten a cor como elemento esencial da ilustración e o uso artístico que dela fan as creadoras e creadores, poñendo o foco nos seus traballos máis persoais e creativos. Artistas que innovan e experimentan coas múltiples combinacións posibles, e que xogan coa propia maneira de representala. Dende as cores planas máis ligadas ao deseño gráfico, ata a súa representación máis abstracta e pura, pasando pola súa descomposición en figuras xeométricas, a búsqueda de diferentes texturas, ou a través do uso da liña de cor como elemento definidor. Artistas multidisciplinares que traballan coa esencia das belas artes, pero que demostran unha gran versatilidade en formatos e técnicas. A colaxe, o gouache, a serigrafía, a animación, a cerámica ou o tecido, son algúns dos exemplos presentes aquí, destacando especialmente o uso da ilustración dixital, unha técnica que supón un avance sen precedentes á hora de reproducir novas cores e tonalidades.
CROMÁTICA afonda tamén nas diferentes interpretacións que lle damos ao propio termo “cor”, xa sexa ligado a unha raza, a unha estética, a un sentimento ou a unha expresión. Mergullámonos, así, na interpretación ilustrada dun mundo no que as autoras e autores profundan nas súas experiencias vitais e culturais, indagando nos aspectos e emocións que nos definen como individuos dentro dunha colectividade, pero con identidade propia. Retratos, autorretraros, escenas cotiás ou oníricas conforman unha escolma que presta especial atención ao gusto subxectivo do estético e que sitúa no primeiro plano a representación de sentimentos e arquetipos universais coas que todas e todos nos identificamos.
CROMÁTICA // Sede Afundación Santiago (Rúa do Vilar 19) // De luns a venres de 17h a 21h // Sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h // De balde // A mostra foi prorrogada ata o 27 de febreiro de 2021.
Os días 20, 21 e 22 de setembro levouse a cabo o econtro de ilustradores Nortear Ilustrado, unha iniciativa da Xunta de Galicia e a Rexión Norte de Portugal. que tivemos o pracer de coordinar.
Fóron tres días na illa de San Simón creando e convivindo coas ilustradoras e ilustradores Fran Bueno e Laura Cortés de Galicia; e Fátima Bravo e Eduardo Porto de Portugal. Foi unha experiencia moi bonita que tivo como resultado unha serie de ilustracións de edición limitada realizadas e producidas na illa mediante a técnica da serigrafía.
Aquí vos deixamos o vídeo resumo do que aconteceu na semana do 2 ao 6 de setembro en Ribadavia (Ourense) onde tivemos o prazer de organizar e coordinar a iniciativa ProxectArte xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Ribadavia).
Comezamos a semana coa mesa redonda de Emprendedoras Creativas onde mulleres talentosas de Ribadavia e tamén de fóra explicáronlle aos máis novos as ventaxas de apostar pola creatividade como saída profesional e tamén a importancia de apostar polo local e rural.
O resto da semana traballamos codo con codo coa artista Iria fafián para levar a cabo o orixinal obradoiro de Arte na Escenografía onde os mozos e mozas que se apuntaron tiveron a oportunidade de participar de todo o proceso conceptual e de produción dunha escenografía pensada para un auditorio. O resultado foi marabilloso!!
Só nos queda a mágoa de non ter feito o segundo obradoiro programado coa artista Doa Oa, coa que íamos a realizar un mural no barrio Xudeo de Ribadavia e para o que finalmente non nos deron permiso. Cando a natureza autóctona e a ecoloxía son consideradas temáticas non aptas para un mural público é que algo faia no sistema….sen dúbida para reflexionar.
Aínda así, estamos moi contentos do resultado do proxecto e foi realmente unha semana incrible! Moitísimas grazas a toda a mocidade que se animou a participar da iniciativa, e por suposto ás creadoras Iria Fafián, Rocío de Estudio Arte e Ainhoa e Branca de AB Comunicación, que ademáis son as responsables deste vídeo tan bonito.
Por suposto agradecer á Omix Ribadavia pola oportunidade. Gran traballo!
Dende o 2 ao 6 de setembro levaremos a cabo unha serie de obradoiros creativos para a mocidade de O Ribeiro, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia.
A iniciativa ten como fin incentivar a creatividade da xente nova como ferramenta de emprendemento e desenvolvemento cultural, achegándoos, ao mesmo tempo, ao patrimonio histórico local.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Mesa redonda: Emprendedoras, a creatividade como primeira opción.
|2 de setembro ás 20:00h|
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com. Casa da Xuventude de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo nº9, Ribadavia)
Interveñen: AeB Comunicación, Iria Fafián, Rocío de Estudioarte e Doa Oa.
Cada relatora falará da súa experiencia persoal e laboral como emprendedora e, no caso das relatoras locais, tamén se fará fincapé en porqué decidiron apostar pola comarca para desenvolver o seu traballo profesional.
Obradoiro de decorado escenográfico con Iria Fafián
|Do 3 ao 6 de setembro|
A partir de 14 anos | 10 plazas | Estudioarte (Oliveira, 2 Entlo. – 32400 – Ribadavia) | de 10:00h a 14:00h
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com
A proposta ten como finalidade a experimentación con elementos tridimensionais para a creación dunha escenografía pensada para decorar un escenario musical ou teatral. Para iso basearémonos no imaxinario da artista Iria Fafán, en concreto nas pezas ‘Growing up’, unhas caixas de luz creadas en 2017. O interesante destas pezas son os xogos de luz e sombras creados polas dierentes texturas do papel nos distintos planos de profundidade.
O espazo final de intervención será o Auditorio do Castelo, tendo en conta a distribución dos elementos no espazo e a forma na que estes interactúan entre sí e cos músicos/actores en escea, xerando sensación de profundidade e xogando coas luces e a proxección das sombras.
Obradoiro de intervención artística como mellora dos espazos públicos (muralismo) con Doa Oa.
|Do 3 ao 6 de setembro|
A partir de 14 anos | 10 plazas | Rúa Porta Nova de Arriba, 28, 32400 Ribadavia | de 18:00h a 20:00h
Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com
O obradoiro vai consistir nunha intervención mural dun dos muros do casco histórico de Ribadavia. A proposta ten como finalidade coñecer o proceso de creación do muralismo, tendo en conta tamén a finalidade ou o motivo polo que se fai. Neste caso será a filosofia sostible e de reforestación ecolóxica que plantea a artista Doa Oa a través do seu traballo, invadindo espazos urbanos e rurais con especies vexetais autóctonas e silvestres que corren perigro de ser erradicadas. Ademais, tamén coñeceremos de primeira man as diferencias entre as pinturas a usar e que procesos son máis ecolóxicos á hora de intervir un espazo público.
O venres 31 de maio ás 19:00h inauguravamos a exposición IRUSU VILLE da artista IRIA FAFIÁN no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde tivemos a sorte de contar coa artista, que nos explicou a técnica e o concepto que hai detrás das obras.
Irusu é unha palabra xaponesa que define a situación na que unha persoa simula a súa ausencia cando alguén chama á porta…
A exposición recrea un ambiente misterioso onde quen o visita, dende un punto de vista privilexiado, poderá ver e oír case todo o que está a acontecer.
A premisa desta proposta expositiva é expandir os límites da ilustración mediante a creación de imaxes que traspasen o marco bidimensional, coa intención de sumerxer ó espectador na atmósfera das imaxes. A instalación consiste nun percorrido por catro caixas de luz interactivas onde se misturan elementos que non son propios do debuxo como a tridimensionalidade, a luz, o son, o tempo.
A AUTORA // Iria Fafián (Barcelona,1988)
Iria estudou Belas Artes, especializándose en ilustración e artes gráficas. Actualmente diversifica o seu traballo entre o muralismo e a ilustración editorial. Na súa obra persoal vemos unha marcada influencia de artes orientáis, tanto a nivel estético coma filosófico. Conceptos da pintura china, o mundo do Ukiyo-e xaponés, o teatro kabuki, o kamishibai e os relatos fantásticos da mitoloxía xaponesa inspiran moitas das súas creacións. No seu proceso creativo sempre está presente a investigación a nivel gráfico e a búsqueda dalgún resultado sorprendente. Irusu Ville é o seu último proxecto expositivo, no que traballou conxuntamente con Borja Freire, quen fixo o deseño sonoro e toda a parte electrónica.
Iria Fafián tamén participaou na xornada do UKP DAY o día 1 de xuño no Castelo de Ribadavia, intervindo en directo un ukelele.
A exposición pode verse ata o 10 de xullo, de martes a sábado en horario de 10:00h a 16:00h no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Entrada de Balde.