Ampliamos a MiiC!

Grazas á boa acollida que tivo esta segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, #MiiC2, temos o pracer de anunciar que imos mantela aberta un pouquiño máis! Ata o 31 de marzo concretamente.

Aquí vos deixamos un pequeniño anaco visual do que vos ides encontrar na sala. Non a perdades!

MiiC atópase na Sede Afundación Santiago (Rúa do Vilar 19). A entrada é de balde e abre tódolos días, de luns a domingo, en horario de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.

 

ANIMiiC

O 23 de febreiro terá lugar ANIMiiC, a última actividade programada para esta segunda edición da MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que remata a súa andadura o vindeiro 10 de marzo.

ANIMiiC é un ciclo de cine de animación no que se proxectará, entre outros, os traballos dalgúns dos artistas expostos na MiiC, como a galardoada realizadora húngara Réka Bucsi ou o tamén premiado realizador galego Martín Romero. Ademais, contaremos cunha sesión de curtas seleccionadas polo prestixioso festival de animación francés Annecy.

cartel animiic_01 final

Programa de proxeccións:

SESIÓN das 17:00H // SELECCIÓN MiiC

LOVE e SOLAR WALK de Réka Bucsi
LA NOCHE de Martín Romero
SOY UNA TUMBA de khris Cembe

+ coloquio con Martín Romero, director de LA NOCHE e Víctor García, compositor da música de SOY UNA TUMBA.

SESIÓN das 19:00H // SELECCIÓN ANNECY

WEEKENDS de Trevor Jiménez
BLOEISTRAAT de Nienke Deutz
EGG de Martina Scarpelli
BICIKLISTI de Veljko Popovic
BARBEQUE de Jenny Jokela

+ coloquio con Alberto Vázquez, membro do xurado do Festival Annecy na edición de 2017.

Modera os coloquios Javier Trigales.

ANIMiiC terá lugar na Sede Afundación Santiago (Rúa do Vilar, 19). Entrada de balde ate completar aforo.

Encontros Open MiiC

Os días 25, 26 e 27 de xaneiro tiveron lugar unha serie de encontros abertos entre público e algúns dos ilustradores que expoñen na 2ªedición da MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.

Aquí vos deixamos un anaquiño da maxia que se viviu durante eses días nos que tivemos o pracer de coñecer máis de cerca o traballo e as persoas que hai detrás das ilustracións. Un auténtico pracer!

Open MiiC nº1 – Héctor Francesch, Luisa Rivera, Malota e Bestiola

Open MiiC nº2 – María Hesse e Bea Lema

Open MiiC nº3 – Helena Pérez García, LaraLars e Iria Fafián


A MiiC pódese ver na Sede Afundación Santiago (Rúa do Vilar, 19) ata o 10 de marzo. Abre tódolos días da semana de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. Entrada de balde.

Así foi o Día da Ilustración na MiiC2

Aquí vos deixamos o vídeo resumo das actividades que tiveron lugar o pasado 30 de xaneiro na #MiiC2 con motivo do Día da Ilustración.

Tanto o espazo temporal adicado a Federico Ribas, como o mural realizado in situ pola ilustradora Bea Lema, poderanse ver ata o día 3 de marzo.

Sede Afundación Santiago, rúa do Vilar 19. Horario de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. Abre tódolos días da semana. Entrada de balde.

Día da Ilustración na MiiC

O 30 de xaneiro é o Día da Ilustración en Galicia. Unha efeméride que elixe a data do nacemento de Castelao para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista de 2019 é Federico Ribas, e na MiiC queremos unirnos aos festexos e divulgación da súa obra cun programa especial de actividades que xorden gracias á colaboración de Agpi, a Consellería de Cultura e Afundación. Obra Social ABANCA.

poster.afundacion

Comezaremos o día coa inauguración dun espazo temporal adicado a Federico Ribas, no que se explica de maneira visual a traxectoria artística do autor, e onde se poderá ver unha peza orixinal do artista pertencente á colección de Arte Afundación. A exposición complétase cun mural realizado in situ pola ilustradora Bea Lema que celebra a arte da ilustración.

A inauguración será ás 12:00h no vestíbulo da Sede Afundación Santiago, onde se atopa a exposición e a intervención artística.

Xa pola tarde, a partir das 19:00h, o ilustrador e estudoso SIRO Pintor & Escritor (Siro López) pronunciará unha breve conferencia co título «Federico Ribas Montenegro». E a iso das 20:00h pecharemos o día coa mesa redonda «O oficio de ilustrar: o que está por vir» na que se reunirán, en conversa sobre ilustración e banda deseñada, os autores Anabel Colazo, Andrés Magán e Carlos Arrojo Ilustración, moderados por Bea Lema.

Todas estas actividades son de entrada libre e gratuíta.

 

 

Open MiiC

O 25, 26 e 27 de xaneiro terá lugar Open MiiC, unha serie encontros informais de público e artistas, onde os autores explicarán as pezas que expoñen na 2ªEdición da MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. #MiiC2

open-miic3

Horarios dos encontros:

  • Venres 25 ás 19:00h con Héctor Francesch, Luisa Rivera, Malota e Bestiola.
  • Sábado 26 ás 12:30h con María Hesse e Bea Lema.
  • Domingo 27 ás 17:00h con Helena Pérez García, LaraLars e Iria Fafián.

Con esta iniciativa o que se busca é favorecer o diálogo entre obra, artista e público, desentrañando o proceso creativo, a técnica utilizada, a temática que agocha cada peza e o entendemento subxectivo da obra por parte do que a observa. Unha oportunidade para acercarse ao traballo e proceso creativo dos ilustradores e ilustradoras.

Os encontros terán lugar na propia sala de exposicións da Sede Afundación Santiago (rúa do Vilar, 19). Entrada de balde. Aforo limitado.

 

Programa FëLiiC

FëLiiC – Feira de Edición e Libro Ilustrado – 26 de xaneiro

portada post felicc

Programa // Charlas

11:00h | Premios Castelao de Banda Deseñada: a importancia do apoio institucional á edición ilustrada. Interveñen: Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Bea Lema, autora de O Corpo de Cristo; e Oliver Añón, autor de Cancións para afundir flores no mar.

12:00h | Firma de libros de Oliver Añón

13:00h | Presentación do proxecto autoeditado Piale. Diario dunha experiencia educativa, pola autora Ana Moreiras.

16:00h | Clásicos ilustrados: o auxe das reedicións ilustradas da literatura universal. Interveñen: Luisa Rivera, ilustradora de Cien años de Soledad; Helena Pérez García, ilustradora de Orlando; Gemma Sesar, editora en el Patito Editorial; e Chus Costoia Garea de Libraría Pedreira.

18:00h | Feminismo ilustrado: editoriais e artistas que apostan pola ilustración como medio para concienciar na igualdade de xénero. Interveñen: María Hesse, autora de Frida Kahlo. Una Biografía; Malota, ilustradora de Un paseo por la vida de Simon de Beauvoir; Anaír Rodríguez, editora en Xerais e autora de Pioneiras; e Monse Vilar Figueirido de Libraría Lila de Lilith.

20:00h | A edición como ferramenta creativa: autoedición, series limitadas, libro-obxecto, etc. Interveñen: María Álvarez, membro de Colectivo Miñoco e Autobán; Rubén Romero, director de editorial Fosfatina: Manuel Barreiro, membro de Fun Fun Fun; e María Meijide, artista e autoeditora.

Actividades de balde. Aforo limitado.

FëLiiC terá lugar o 26 de xaneiro na Sede Afundación Santiago de Compostela (rúa do Vilar 19) en horario de 11h a 14h e de 16h a 21h.

 

 

FëLiiC: Feira de Edición e Libro ilustrado

FëLiiC é unha iniciativa que xurde como complemento á MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Santiago de Compostela.

cartel redes fëliic

A feira céntrase na edición e autoedición de libros ilustrados dirixidos, principalmente, a un público non infantil, e que están relacionados directamente cos traballos das ilustradoras e ilustradores que participan na MiiC.  

A xornada vaise distribuir en torno a un programa de charlas e mesas de debate que teñen como finalidade acercarnos ao traballo de artistas, editoriais e librarías, facer unha radiografía da situación actual do sector, e indagar nas novas tendencias en canto a contidos e formatos. O evento completase cunha feira onde o público poderá mercar as publicacións das autoras e editoriais convidadas así como as últimas novas dentro do sector do libro ilustrado.

O obxectivo de FELiiC é resaltar a importancia do traballo das ilustradoras e ilustradores á hora de ter que completar unha narración literaria a través das súas interpretacións ilustradas, así como cando se enfrontan ao momento de crear os seus propios proxectos co fin de ser editados ou autoeditados. Ademais, resalta o traballo das editoriais que apostan por edicións moi coidadas onde a ilustración é tan protagonista coma o texto, poñendo así en valor o formato do libro ilustrado como un todo artístico que enriquece e fomenta a lectura.

FëLiiC terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro na Sede Afundación de Santiago de Compostela de 11h a 14h e de 16h a 21h. Entrada de balde.

2ª Edición da MiiC!

O uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino, son os tres conceptos xerais sobre os que gravita esta segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, MiiC, coa que volvemos achegar a Santiago de Compostela o que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. Comisariada por Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico).

Cartel-A3-MiiC2-copia.gif

A ilustración é unha das ramas da comunicación máis creativas e imaxinativas que existen; un elemento que admite un amplo abano de técnicas e que está sempre en constante evolución. Actualmente, podemos afirmar que a ilustración está a vivir un momento de esplendor, no que o traballo dos e das ilustradoras está a ser recoñecido tanto a nivel profesional como artístico, cuns estilos facilmente identificables por un público cada vez máis afeito a ver ilustración no seu día a día. A moda, as institucións, os medios de comunicación ou as grandes marcas, son algúns dos sectores que fan uso dela como elemento de publicidade e de deseño, o que pon de manifesto a súa gran versatilidade á hora de axeitarse a diferentes soportes e tecnoloxías.

A mostra quere poñer o seu foco de atención no ámbito da creación máis artística e persoal, resaltando o alto grao de creatividade dos creadores e creadoras que, ademais do tradicional debuxo, tamén experimentan con diferentes técnicas como o collage, o óleo, a serigrafía, a risografía, a cerámica ou a animación; incluso conciben pezas tanxibles, tridimensionais, que teñen como xerme a  ilustración, e coas que conseguen darlle un volume ao representado. Tamén no ámbito da edición destaca a produción de libros, creando auténticas pezas de arte nas que xogan coas posibilidades e formatos do papel. Estes traballos creativos son os que integran a MiiC, que se configura, nesta segunda edición, como unha escolma ilustrada que ten no uso da cor o seu fío condutor, encadrada dentro dun claro protagonismo do feminismo, honrando o labor das ilustradoras e salientando a representación do mundo que nos rodea a través dunha crítica á sociedade actual que subxace, de maneira máis ou menos evidente, dentro do imaxinario colectivo da exposición.

Podedes ver a exposición na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) en horario de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00. Abre tódolos días!

Agardamos que vos guste!

 

Este xoves Quedamos na Casa!

Un ano máis temos o pracer de organizar, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela, a actividade Quedamos na Casa! E xa van 3 edicións!

Imprimir

Quedamos na Casa! é un proxecto que naceu coa idea de promover a cultura e o patrimonio da USC. Unha iniciativa que busca exhibir e dar visibilidade a tódolos departamentos culturais da Universidade de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que achega ao público xeral e á comunidade universitaria parte do seu patrimonio menos coñecido. Así, facendo uso dun dos seus edificios máis singulares, a Casa de Europa sita no parque Vista Alegre, terá lugar unha xornada onde o teatro, a danza ou a música tomarán os espazos de dito edificio para transformalo nun escaparate vivo de tódalas actividades e servizos culturais que a USC ofrece aos seus estudantes.

Aquí vos deixamos o programa completo:

flyer A5