O 23 de febreiro terá lugar ANIMiiC, a última actividade programada para esta segunda edición da MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que remata a súa andadura o vindeiro 10 de marzo.
ANIMiiC é un ciclo de cine de animación no que se proxectará, entre outros, os traballos dalgúns dos artistas expostos na MiiC, como a galardoada realizadora húngara Réka Bucsi ou o tamén premiado realizador galego Martín Romero. Ademais, contaremos cunha sesión de curtas seleccionadas polo prestixioso festival de animación francés Annecy.
Programa de proxeccións:
SESIÓN das 17:00H // SELECCIÓN MiiC
– LOVE e SOLAR WALK de Réka Bucsi
– LA NOCHE de Martín Romero
– SOY UNA TUMBA de khris Cembe
+ coloquio con Martín Romero, director de LA NOCHE e Víctor García, compositor da música de SOY UNA TUMBA.
SESIÓN das 19:00H // SELECCIÓN ANNECY
– WEEKENDS de Trevor Jiménez
– BLOEISTRAAT de Nienke Deutz
– EGG de Martina Scarpelli
– BICIKLISTI de Veljko Popovic
– BARBEQUE de Jenny Jokela
+ coloquio con Alberto Vázquez, membro do xurado do Festival Annecy na edición de 2017.
Modera os coloquios Javier Trigales.
ANIMiiC terá lugar na Sede Afundación Santiago (Rúa do Vilar, 19). Entrada de balde ate completar aforo.