FëLiiC é unha iniciativa que xurde como complemento á MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Santiago de Compostela.
A feira céntrase na edición e autoedición de libros ilustrados dirixidos, principalmente, a un público non infantil, e que están relacionados directamente cos traballos das ilustradoras e ilustradores que participan na MiiC.
A xornada vaise distribuir en torno a un programa de charlas e mesas de debate que teñen como finalidade acercarnos ao traballo de artistas, editoriais e librarías, facer unha radiografía da situación actual do sector, e indagar nas novas tendencias en canto a contidos e formatos. O evento completase cunha feira onde o público poderá mercar as publicacións das autoras e editoriais convidadas así como as últimas novas dentro do sector do libro ilustrado.
O obxectivo de FELiiC é resaltar a importancia do traballo das ilustradoras e ilustradores á hora de ter que completar unha narración literaria a través das súas interpretacións ilustradas, así como cando se enfrontan ao momento de crear os seus propios proxectos co fin de ser editados ou autoeditados. Ademais, resalta o traballo das editoriais que apostan por edicións moi coidadas onde a ilustración é tan protagonista coma o texto, poñendo así en valor o formato do libro ilustrado como un todo artístico que enriquece e fomenta a lectura.
FëLiiC terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro na Sede Afundación de Santiago de Compostela de 11h a 14h e de 16h a 21h. Entrada de balde.